Ir o contido principal

Do 13 de maio ao 19 de maio do 2024 - 20:00h MUSEOS POLA EDUCACIÓN E A INVESTIGACIÓN. SEMANA DOS MUSEOS 2024

O Consello Internacional de Museos (ICOM) propón para celebrar o Día Internacional dos Museos o lema “Museos pola educación e a investigación”.

Arredor deste evento, o CGAC programa unha semana de actividades gratuítas vinculadas á didáctica e á música contemporánea, á educación artística e á creación plástica, á performance e mais á historia da fotografía, alén dunha visita guiada aos recantos menos coñecidos do CGAC.

CONCERTOS DIDÁCTICOS OUTRAS MÚSICAS SON POSIBLES

Concertos didácticos para escolares

Luns 13 e martes 14 de maio/ Horarios: de 10:30 a 11:30 h (primeira quenda) e de 12:00 a 13:00 h (segunda quenda)/ Auditorio do CGAC/ Prazas Completas/ Persoas destinatarias: grupos de escolares de primeiro e segundo ciclo de educación primaria

Concerto didáctico para adultos

Martes 14 de maio/ Horario: de 20:00 a 21:00 h/ Auditorio do CGAC/ Prazas: 250/ Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Persoas destinatarias: calquera persoa interesada na creación musica

TARDEO NO CGAC. TALLERES PARA PÚBLICO INFANTIL

Do 17 de xaneiro ao 29 de maio/ Horario: de 17:00 a 18:30 h/ De balde con inscrición previa

Mércores 15 de maio. Prazo de inscrición: do 8 ao 14 de maio

SESIÓN ABERTA DO CURSO DE FOTOGRAFÍA MEMORIAS DUNHA IMAXE LATENTE

Mércores 15 de maio/ Horario: de 19:00 a 20:30 h/ Dirixe: Fuco Reyes/ Auditorio do CGAC/ Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Sesión: A ruptura: o instante e a arte 

COLABORACIÓN COA V EDICIÓN DO FESTIVAL DE ARTES PERFORMATIVAS PLATAFORMA

Sábado 18 e domingo 19 de maio/ Horario: 18:00 h/ Entrada libre ata completar a capacidade das salas

RUTA DE ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA ACTUACIÓNS DE BORDO

Sábado 25 de maio/ Horario: de 11:00 a 13:30 h/ De balde con inscrición previa

Prazo de inscrición: 15 e 16 de maio

VISITA GUIADA O CGAC OCULTO

Domingo 19 de maio/ Horario: de 12:00 a 12:50 h/ De balde sen inscrición previa

Visitaremos os almacéns onde se custodian e conservan as obras de arte, os talleres de restauración e montaxe, a Aula de Educación Artística, as oficinas e a sala de xuntas. O percorrido rematará na cuberta do edificio, coroada pola instalación permanente do artista estadounidense Dan Graham, Triangular Pavilion.