Ir o contido principal

Do 17 de abril ao 5 de xuño do 2024 - 19:30h Museos de cine I ciclo de Museos de cine para redescubrir as salas dos museos

O Museo de Belas Artes da Coruña inaugura estes ciclos de cine, esperando porder continualos no futuro. Baixo o lema “Museos de Cine”, e co obxectivo de redescubrir as salas dos museos, farase un percorrido polo Museo del Prado, a National Gallery e o Museo do Hermitage transportados por unha cámara para coñecer esas pinceladas escondidas, a tremoia que hai detrás destas grandes institucións culturais e a historia do noso continente.

Esta é a programación pormenorizada:

17 de abril

Presentación do ciclo: David Castro de Paz. Profesor de Historia do Cinema en Posgrado en Estudos Teatrais e Cinematográficos (UDC).

La pasión del Prado (España, 2014), de Juan Carlos Morales Asenjo e José Morillas Cantero. (Duración: 52 min)

8 de maio

National Gallery (Reino Unido, 2014), de Frederick Wiseman. (Duración: 173 min)

5 de xuño

El arca rusa (Rusia, 2006), de Aleksandr Sokurov. (Duración: 96 min)

O ciclo está organizado pola Asociación de Amigos en colaboración co Museo de Belas Artes da Coruña