Ir o contido principal

Do 23 de abril ao 30 de abril do 2024 - 10:00h Día Internacional do Libro 2024 Actividades para a celebración do Día Internacional do Libro no Museo de Belas Artes da Coruña

Como todos os anos, o Museo de Belas Artes celebra o Día Internacional do Libro con varias actividades e recursos en liña ao longo de toda a semana. Esta é a oferta, que se pode ampliar nesta ligazón:

- 23 de abril ás 19:00 h: Visita guiada á biblioteca. Con reserva de praza.

- 23 de abril: Exposición bibliográfica sobre P.Rubens, como complemento á exposición actual "Torre de la Parada. Un espazo pictórico para Rubens"

- 23 de abril: Selección bibliográfica especial para os interesados no Modernismo, co gallo do inicio no Museo do curso anual Os temas da Arte, que este ano leva por título "O Modernismo, un estilo para unha nova cidade".

- Do 23 ao 30 de abril: Participación na iniciativa anual do "Bookcrossing", coa habilitación dun espazo na entrada do Museo ademais do bookcrossing virtual.