Ir o contido principal

15 de marzo - 20:00h DES A MAR ULTRASÓNICO RECITAL DE POESÍA E MÚSICA. DIÁLOGOS DE VERSOS E NOTAS

Des a mar ultrasónico é un recital poético e musical no que o compositor Álvaro Iglesias recrea en notas musicais os poemas da escritora Elba Pedrosa.

Doce poemas que tecen os fíos do amor e o seu oposto, da liberdade, do xénero, a dependencia e o futuro co constante latexar do mar. Doce composicións musicais creadas para dialogar cos versos.

Salón de actos do Museo de Belas Artes da Coruña

Venres, 15 de marzo de 2024

Hora: 20:00 h

Entrada libre

POETA E VOZ:  ELBA PEDROSA

DIRECCIÓN E COMPOSICIÓN MUSICAL: ÁLVARO IGLESIAS

MÚSICOS: ALVARO IGLESIAS | XOSÉ LIZ